Unha consulta sobre a opción "Enviar a MediaWiki" en LOffice 4.1.4.2

classic Classic list List threaded Threaded
1 message Options
Xusto Rodríguez Río Xusto Rodríguez Río
Reply | Threaded
Open this post in threaded view
|

Unha consulta sobre a opción "Enviar a MediaWiki" en LOffice 4.1.4.2

Ola,

Chámome Xusto Rodríguez e quería facervos unha consulta sobre un problema
que me apareceu nesta versión de LOffice, e tamén nas inmediatamente
anteriores.

Como ben sabedes LibreOffice integra "de oficio" desde hai bastantes
versións o Publicador Wiki, que permite enviar directamente documentos odt
a servidores MediaWiki.

Pero nas últimas versións esta opción non funciona -baixo Windows, non sei
baixo Linux- (está visible en Ficheiro > Enviar > A MediaWiki, pero ao
executala non arrinca a xanela que permite seleccionar o servidor MediaWiki
ao que mandala e darlle un título ao documento).

A extensión parece estar ben instalada (véxoa no Xestor de extensións, e
tamén teño o servidor de destino gravado en Ferramentas > Opcións >
Internet > MediaWiki. Pero na práctica non funciona.

Pensei que podería haber algún problema co Java, e desinstalei todas as
versións que tiña no equipo e instalei a última dispoñible en java.com.
Outra persoa con que consultei comentoume que ela conseguiu facer funcionar
o complemento desinstalando a versión actualizada de LOffice e instalando
unha máis antiga, en concreto a 4.0.6.

Se non hai outra solución intentarei facer o mesmo, pero paréceme unha
alternativa chunga, porque me impediría actualizar posteriores versións de
LOffice.

Acabo de descubrir que en
https://bugs.freedesktop.org/show_bug.cgi?id=69323está rexistrado un
erro practicamente idéntico.

Alguén podería axudarme?

Mil grazas.

Xusto Rodríguez

--
Correo a [hidden email] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/users/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar